O galego é unha lingua que serve para todo: para conversar entre nós, para xogar, para ler e escribir incribles historias... e tamén, por suposto, para facer ciencia e divulgala. Así, ao longo de novembro celébrase nas bibliotecas o Mes da Ciencia en Galego. No CPI As Revoltas festexámolo co sorteo de dous libros de ciencia en galego:
Tedes ata o día 29 deste mes para recoller na biblioteca os pasatempos científicos (de primaria e de secundaria), resolvelos e deixalos na urna que hai na biblio. O día 30 realizaremos o sorteo entre todos os participantes.
Por outra banda, na biblio tamén podedes atopar unha exposición de libros de ciencia en galego, sobre temas diferentes e para todas as idades.
Por último, na entrada da biblioteca temos estes días outra exposición de libros científicos, neste caso en diferentes linguas e sobre a temática do PDI deste curso escolar: os océanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario