Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contacontos. Amosar todas as publicacións

domingo, 19 de abril de 2026

Contacontos na biblio

Achégase o Día do Libro e na biblio xa imos quecendo motores. 

O pasado mércores, 15 de abril, visitounos Vicky, unha contacontos da editorial Santillana que nos fixo soñar e sorrir recreando as historias que estamos a ler na clase: O Lobo Ramón, de María Canosa, e Matilda, de Roald Dahl. 

Deixámosvos algunhas fotiños das diferentes sesións. 

Contacontos en Infantil


Contacontos en 1º ciclo de Primaria


Contacontos en 2º ciclo de Primaria

venres, 17 de outubro de 2025

Contacontos con Anxo Moure

Hoxe tivemos unha visita moi especial no colexio!

De Carballolandia á Carballa chegou Anxo Moure, convertido nunha árbore e acompañado do seu burriño Caramulo. Entre contos e cancións, Anxo encheunos o corazón coa música dos bosques. 

Con esta actividade comezamos a celebración da Semana das Bibliotecas e arrancamos co traballo sobre os bosques, o noso PDI desde curso escolar. 

📷 Preme no cartel para ver algunhas fotos do encontro de hoxe. 


venres, 18 de outubro de 2024

Contacontos con Paula Carballeira

O pasado xoves, 17 de outubro, tivemos no cole unha visita marabillosa. Paula Carballeira estivo na nosa biblio para unha sesión de contacontos. Cos seus relatos cheos de maxia, inauguramos por todo o alto o PDI deste curso: "Os contos". 

Paula Carballeira é escritora, con máis de 30 libros publicados, moitos deles traducidos a varias linguas e a maioría pensados para a infancia e a xuventude. Tamén é actriz, contadora de historias, gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023... Se queredes saber máis sobre a súa traxectoria, non vos perdades a entrevista que deu en exclusiva para Ondas Revoltas. Podedes escoitala premendo na foto.

O alumnado de 3º E.P. entrevista a Paula Carballeira para Ondas Revoltas


Algunhas fotos da sesión de contacontos





xoves, 2 de maio de 2024

De Castro a Villalta

Hoxe no cole démoslle a benvida ao mes das letras galegas asistindo ao espectáculo teatral "De Castro a Villalta". Trátase dunha obra da compañía A Xanela do Maxín que pon en valor o legado das seis autoras excepcionais ás que lles foi dedicado o Día das Letras Galegas: Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias e Luísa Villalta. Ao espectáculo asistiron todos os cursos de Infantil e Primaria e 1º ESO. 




xoves, 2 de marzo de 2023

Contacontos en francés

Bonjour! Con motivo do mes da Francofonía, o alumnado da materia de francés de secundaria recibiu hoxe a visita do gran contacontos Samuel Mountoumnjou, de Camerún.  Aprendemos que o francés está presente en todos os continentes e que a diversidade lingüística e cultural africana é unha gran riqueza. A través das súas historias, transmitiunos valores tan importantes como saber escoitar e o respeto aos nosos maiores. 

À la prochaine, Samuel! Merci d'être venu!