martes, 31 de xaneiro de 2023

Mensaxe nunha botella

En relación co PDI do noso centro sobre os océanos, no primeiro trimestre, o alumnado de 1º e 2º ESO de francés comezou un intercambio por carta cun centro educativo francés, da rexión de París, o collège Jacques Yves Cousteau, en Bussy Saint George. 

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Mensaxe nunha botella".

Estade atentos porque haberá máis!


Versión en francés:

Cette activité a été conçue dans le projet "Message dans une bouteille", en rapport avec le PDI de notre établissement sur les océans.

Pendant le premier trimestre, les élèves de 5ème et 4ème de français de notre établissement ont commencé un échange épistolaire avec un établissement parisien, le collège Jacques Yves Cousteau, à Bussy Saint George.

Soyez attentifs parce que ceci n'est que le début!



luns, 30 de xaneiro de 2023

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha data para promover valores tan importantes coma a tolerancia, o entendemento e o respecto. No cole celebrámolo con música, cantando "No niño novo do vento", unha canción ben axeitada para un día coma hoxe. Podedes escoitala neste vídeo, no que tamén se recollen algúns dos traballos realizados nas diferentes clases para conmemorar este día. 






O alumnado de 3º de Primaria realizou un interesante traballo sobre a paz ambiental, centrándose principalmente na contaminación dos océanos. Podedes escoitar o seu podcast e ler as súas investigacións premendo nas imaxes de abaixo. 

                             


O alumnado de 4º de Primaria tamén traballou estes días sobre a importancia da educación e da paz, vinculando dúas conmemoracións estreitamente ligadas: o Día da Educación e o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Non vos perdades o programa de radio que gravaron, podedes escoitalo neste vídeo:

 

Por último, se queredes ler máis sobre estes temas tan importantes, na biblio podes atopar un montón de libros e películas que tratan estes valores. Incluimos tamén unha magnífica reseña de Sofía de 1º da ESO sobre o libro "El niño con el pijama de rayas".










venres, 27 de xaneiro de 2023

Día da Ilustración

O vindeiro luns, 30 de xaneiro, celébrase o Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao. Sabedes quen foi este debuxante e escritor tan importante? Na entrada da biblio podedes ver estes días unha exposición sobre Castelao e a súa obra, elaborada polo alumnado de 4º ESO. 

martes, 24 de xaneiro de 2023

Día Internacional da Educación

Hoxe, 24 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Educación. Sabedes por que se conmemora este día? O alumnado de 3º de Primaria explícanolo nun interesantísimo podcast que podedes escoitar premendo na imaxe: 

Día Internacional da Educación - Podcast de 3º EP



Tamén podedes ler aquí as súas reflexións sobre este tema. 
Feliz Día da Educación!

luns, 9 de xaneiro de 2023

Calendario 2023

Non podemos estar máis contentos e contentas!!! 
Que calendario máis bonito nos regalaron os Reis Magos!
Todo a alumnado do centro participou neste magnífico proxecto, moitas cousiñas podemos aprender dos nosos océanos, dos nosos ríos, das nosas rías, dos nosos faros...... 
Aquí vos deixamos o calendario dixitalizado, preme na imaxe e desfrutarás dos nosos debuxos, dos nosos poemas e dos nosos podcast.