Amosando publicacións coa etiqueta Festa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festa. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de outubro de 2024

Xa chegou o Samaín

Mañá é o día do Samaín e esta semaniña no cole foi realmente intensa e terrorífica. Contámosvos deseguido as actividades que realizamos para celebrarmos a data máis horripilante do ano. 

CONTOS TERRORÍFICOS

Todos os cursos do centro, desde Infantil ata 4º ESO, crearon e gravaron na radio os seus contos de medo. Podes escoitalos premendo seguinte presentación, pero avisamos que non son aptos para persoas sensibles!! 




FESTIÑA DE SAMAÍN

O voluntariado da biblioteca de Secundaria preparou unha festa de Samaín para o alumnado de Infantil. Para comezar, interpretaron o conto Corre corre, Cabaciña e despois, festa rachada con xogos, baile e pintacaras. Pasámolo xenial! 




CONTACONTOS DE MEDO

Ao longo da semana, a profesora Raquel leulles contos de medo na biblio ao alumnado de Primaria. Esta mañá, os nenos e as nenas de 1º ESO contaron os seus relatos de Samaín en 3º e 4º de Primaria. 








A BIBLIO DO TERROR

A nosa biblio converteuse nunha auténtica casa do terror... Os andeis foron ocupados por pantasmas, bruxas, morcegos, cabazas... E tamén nos visitou o esqueleto Homero, que escapou do laboratorio para pasar estes días con Súper Pepiña. 





E MÁIS CONTOS DE MEDO!

Por último, se quedaches con ganas de máis contos de medo, podes levar algún dos que temos expostos na biblio. 


mércores, 21 de decembro de 2022

Celebrando A Revolta das Letras

Hoxe tivo lugar a última xuntanza do ano da Revolta das Letras, o noso club de lectura. Fixemos unha pequena festiña na biblio, para celebrar as nosas primeiras lecturas e despedirnos ata despois do Nadal. 



Contamos nesta xuntanza coa presenza de Rosalía Fernández Rial. Vémola todos os días como profe e compañeira, pero hoxe tivemos a inmensa sorte de que nos mostrase o seu traballo como escritora, recitándonos algún poema do seu libro Desnortada. 



Tamén houbo tempo para unha pequena paparota! 😃


Cada membro do club levou un pequeno agasallo. 🎁




Vémonos (e lemos) á volta das vacacións. A Revolta das Letras continúa no 2023!!