xoves, 21 de marzo de 2024

Día da Poesía

O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, que conmemora unha das formas de expresión e identidade máis preciosas da humanidade. 

O alumnado de 4º de Primaria fálanos sobre este día nun novo e interesante programa de Ondas Revoltas. Podes escoitalo premendo na imaxe: 


Pola súa banda, o alumnado de 3º de Primaria compuxo e recitou uns fermosos poemas relacionados coa primavera. Que marabilla escoitalos! 





luns, 11 de marzo de 2024

8M - Día Internacional da Muller

O pasado venres celebrouse o Día Internacional da Muller e no CPI As Revoltas conmemorámolo cunha pequena homenaxe a 14 mulleres galegas que fixeron  historia: desde María Pita ata Sofía Casanova, pasando por Ángeles Alvariño ou Helena Villar. 

Cada curso escolleu unha muller galega e investigou e gravou un programa de radio sobre a súa traxectoria. Na seguinte presentación podedes escoitar os diferentes programas e aprender moito sobre estas pioneiras que nos foron abrindo o camiño cara á igualdade: 


xoves, 7 de marzo de 2024

Día de Rosalía

O pasado 23 de febreiro celebramos no colexio o Día de Rosalía.Para homenaxear a nosa escritora máis emblemática, xuntámonos todos os cursos e recitamos, cantamos e incluso rapeamos os seus versos. 

Na seguinte presentación recóllense todas as actuacións desta marabillosa xornada:



O alumnado de 4º de Primaria tamén realizou un programa especial para Ondas Revoltas. Podedes escoitar a súa marabillosa conversa con Rosalía premendo na imaxe: