Amosando publicacións coa etiqueta Día das Artes Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Artes Galegas. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2026

Fotografando os nosos bosques

No seguinte vídeo presentamos as máis de 60 fotografías que enviastes ao certame Fotografando os nosos bosques proposto para celebrar no colexio o Día das Artes Galegas. 

A través das vosas fotos percorremos toda Cabana, desde o Banco dos Picotiños ata Borneiro, pasando polo Rego dos Muíños, o monte Castelo, a devesa de Canduas, o mirador de monte Perrol... E tamén fomos máis lonxe, a outros bosques galegos coma as Fragas do Eume, o monte Xalo (Carral), o monte de San Roque (Viveiro)... Unha viaxe marabillosa por toda a xeografía galega!

Moitas grazas por participar e compartir as vosas fotografías! 


  

mércores, 30 de abril de 2025

Debuxando contos populares

O pasado 1 de abril celebrouse o Día das Artes Galegas, este ano adicado ao artista Isaac Díaz Pardo. Para conmemorar esta data, convocouse o III Certame de Debuxo para toda a comunidade educativa do CPI As Revoltas: Debuxando contos populares. 

No seguinte vídeo recollemos todos os debuxos que se presentaron. Moitas grazas a todos e a todas por participar!


xoves, 20 de abril de 2023

Debuxando os océanos

Actualización

A continuación presentamos as gañadoras do I Certame de Debuxo. Parabéns ás gañadoras e parabéns a todos os participantes!

                     


                      


                 




No seguinte vídeo podedes ver todos os debuxos participantes no concurso.


30/03/23
Con motivo do Día das Artes Galegas, que se celebra o vindeiro 1 de abril, convócase o I Certame de Debuxo para toda a comunidade educativa do CPI As Revoltas:
Debuxando os océanos. A continuación podes ler as bases completas do concurso premendo na imaxe. Anímate a participar!!