Amosando publicacións coa etiqueta Encontro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontro. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de maio de 2026

Encontro con Antonio Fraga

O pasado xoves despedimos abril e o Mes do Libro cunha gran visita. Antonio M. Fraga estivo no CPI As Revoltas para falarnos sobre o seu traballo como escritor, sobre literatura e sobre os libros que lemos del no colexio: O castañeiro de Abril e Papá Caníbal



Despois de encontrarse na biblioteca co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, catro magníficos reporteiros de 5º e 6º realizáronlle unha entrevista para Ondas Revoltas. Podedes escoitar a entrevista premendo na imaxe. 

Entrevista a Antonio M Fraga para Ondas Revoltas


Moitas grazas, Antonio, por compartir esta mañá de historias con nós!


luns, 27 de abril de 2026

Encontro con Érica Esmorís

O pasado venres 24 de abril, no marco da celebración do Mes do Libro, visitou o noso cole Érica Esmorís, unha das escritoras máis queridas do noso alumnado. 

O encontro tivo lugar no salón de actos e a el acudiron os cursos de 3º, 5º e 6º de Primaria e 1º de ESO, que previamente leran e traballaran nas aulas os seus libros Erin e o lobo (Premio Merlín) e Esta é a miña historia e terás que crela (Premio Raíña Lupa). 

O alumnado de 6º conduciu o acto e Érica Esmorís falounos sobre temas tan interesantes coma a literatura e o oficio de escribir, sobre as súas historias e personaxes preferidas, sobre a natureza... e tamén respondeu todas as nosas dúbidas e curiosidades sobre os seus libros. 

A continuación, as alumnas do club de lectura de 1º de ESO fixéronlle unha entrevista para Ondas Revoltas. Podedes escoitala premendo na imaxe. 

Moitísimas grazas, Érica, por visitar o CPI As Revoltas e por este encontro tan proveitoso para nós!!


Deixámosvos algunha foto do encontro: 




E tamén vos convidamos a ver as nosas ilustracións de Erin e o lobo. Premendo na imaxe descubrirás o que nós atopamos ao abrir as tapas do libro. 

luns, 12 de xaneiro de 2026

Visita de Ángel Carracedo

Hoxe foi un gran día para o CPI As Revoltas, pois recibimos a visita do Doutor Ángel Carracedo. Foi marabilloso poder telo tan preto e poder escoitalo. 

A súa visita comezou na biblioteca, onde o alumnado de secundaria lle fixo unha entrevista. A continuación, foron ao laboratorio a facer uns experimentos. Acto seguido, bautizamos o noso laboratorio co nome de Ángel Carracedo. 

Finalmente, baixamos ao salón de acto, onde todo o alumnado e profesorado do centro o agardaba cunha gran sorpresa. 

A continuación podedes ver un vídeo con algúns momentos da súa visita, así como o vídeo que fixemos para o seu recibimento, onde versionamos unha das súas cancións preferidas, La vida es bella. 

Tamén vos deixamos o enlace ás noticias que saíron na prensa sobre este gran día:

📰 Nenos cabaneses emocionaron a Ángel Carracedo

📰 Repasa, nestas imaxes, a emocionante visita de Ángel Carracedo a Cabana. 


Resumo da visita de Ángel Carracedo: 



"A vida é fermosa con Ángel Carracedo"



martes, 6 de maio de 2025

Encontro con Antía Yáñez

Hoxe, 6 de maio, recibimos no cole a visita da escritora Antía Yáñez. 

A autora tivo un encontro co alumnado de 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria e 1º ESO para falarlles sobre o oficio de escribir e sobre a súa obra, especialmente sobre o libro O misterio de Portomarín. Grazas, Antía, por visitar o noso colexio!

mércores, 23 de abril de 2025

Encontro con Adrián Gómez Ramos

Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro e o alumnado de 2º de ESO tivo a sorte de celebrar este día con Adrián Gómez Ramos, o autor do último libro que están a ler na materia de Lingua Galega: Cando sangren os lobos. 

Con el conversamos sobre a súa obra, sobre literatura e certames literarios e tamén sobre un montón de temas moi interesantes coma a licantropía, a diversidade afectiva, series e pelis de medo, videoxogos... 

Agradecémoslle moitísimo a Adrián Gómez Ramos este encontro tan proveitoso!

martes, 25 de marzo de 2025

Visita de Fina Casalderrey

Hoxe, martes 25 de marzo, recibimos a visita de Fina Casalderrey no CPI As Revoltas. Todos os cursos do cole desfrutamos dun marabilloso encontro cunha das nosas escritoras preferidas. 

Os xornalistas de 4º de Primaria entrevistárona nas Ondas Revoltas. A escritora falou dos seus inicios no mundo das letras, das súas obras e paixóns e tamén de temas actuais. Unha extensa e interesante entrevista que podedes escoitar premendo na seguinte imaxe.




Premendo na seguinte imaxe, tamén podedes ver o traballo realizado nos días previos á visita. Moitas grazas, Fina, por visitar o noso cole!!


martes, 30 de abril de 2024

Encontro con Antía Yáñez

Rematamos o mes do libro cunha visita moi especial á nosa biblioteca. A escritora Antía Yáñez encontrouse este martes, 30 de abril, co alumnado de 1º ESO. 
A autora contounos sobre a creación do seu libro O misterio de Portomarín, falounos sobre a súa traxectoria literaria e contestou todas as nosas preguntas e curiosidades. Deixámosvos algunhas fotiños desta visita. 


xoves, 25 de abril de 2024

Charla filosófica con Miguel Vázquez Freire

Este 25 de abril tivemos na biblioteca unha interesantísima charla filosófica con Miguel Vázquez Freire, escritor e filósofo, autor de O moucho voa. Ao encontro, conducido polo alumnado da materia de Filosofía, asistiron os grupos de 3º e 4º de ESO. A filosofía, a arte, a política, o concepto, os valores, o significado da vida... foron algúns dos temas aos que nos achegamos da man de Vázquez Freire. Foi, sen dúbida, un encontro ben produtivo! 






mércores, 24 de abril de 2024

Encontro coa escritora María Canosa

O pasado xoves 4 de abril, no CPI As Revoltas recibimos unha visita moi especial. A escritora María Canosa estivo no noso cole e conversou con todo o alumnado de Educación Primaria sobre a súa traxectoria e sobre as súas obras "O día que choveu do revés" (1º ciclo), "A cazadora de estrelas" (2º ciclo) e "Muriel" (3º ciclo).

Os nenos e as nenas de 3º de primaria non deixaron pasar esta ocasión e aproveitaron para facerlle unha marabillosa entrevista na nosa radio. Cantas cousas nos contou María nas Ondas Revoltas! 

Deixámosvos a continuación a entrevista e algunhas fotiños desta fermosa xornada. 








venres, 14 de abril de 2023

Encontro con Andrea Maceiras

O pasado mércores, 12 de abril, o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu a visita dunha das escritoras máis queridas pola mocidade: Andrea Maceiras. 

A autora falounos dos seus libros, do proceso creativo e do marabilloso oficio de escribir e contar historias. O alumnado conversou con ela sobre os tres libros que leron dela: O que sei do silencio (3º ESO), Nubes de evolución (4º ESO) e Que me pare o corazón se te esquezo (Club de lectura). 

Moitas grazas, Andrea, por este encontro tan agradable e proveitoso! :)