mércores, 31 de xaneiro de 2024

O Entroido está chegando!

Falta pouquiño para o Entroido e no cole xa se respira ambiente festeiro!

O primeiro andar foi invadido por peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros... Non deixedes de visitar a exposición destas fantásticas figuras do entroido tradicional galego. 





martes, 30 de xaneiro de 2024

Día da Paz - Se puidese...

Queremos ver alegría, 
queremos ver amizade, 
e que sempre
e que sempre
haxa liberdade.


Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha data para promover valores tan importantes coma a tolerancia, o entendemento e o respecto. 

No cole celebrámolo con música, cantando "Se puidese", unha emocionante versión da canción "No dudaría" de Antonio Flores. 



Deixámosvos tamén o enlace a un novo programa de Ondas Revoltas, elaborado polo alumnado de 4º de primaria e dedicado a lembrar a varios heroes e heroínas da paz. Podedes escoitalo premendo na imaxe: 



luns, 29 de xaneiro de 2024

Unha biblioteca escolar en viñetas

Con motivo do Día da Ilustración en Galicia, que se celebra o día 30 de xaneiro, realizamos unha exposición de bandas deseñadas elaboradas polo alumnado de 1º ESO

Ademais, este traballo está relacionado co lema deste curso das bibliotecas escolares de Galicia: UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, que pon o foco en todas as posibilidades que a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.

Podedes ver a exposición no primeiro andar do colexio.



mércores, 24 de xaneiro de 2024

Día da Educación - Coñecemos a María Montessori

O día 24 de xaneiro conmemórase o Día Internacional da Educación. 

O alumnado de 4º de Primaria  agasallounos cun interesantísimo podcast sobre a figura de María Montessori, revolucionaria pedagoga que dedicou toda a súa vida a mellorar a educación dos máis pequenos. Podedes escoitalo premendo na imaxe.