O alumnado de 4º de Primaria celebrou o Día das Escritoras cun programa especial para Ondas Revoltas. Nel, lembraron as autoras que escribiron ao redor de 1975 e tamén recitaron un poema contra a guerra de María do Carme Kruckenberg.
Podedes escoitar o programa premendo na fotografía.
Hoxe, 13 de outubro, celebramos o Día das Escritoras e o alumnado de secundaria agasállanos con estes Versos dos bosques.
Os bosques son o tema do PDI deste curso e son tamén un motivo ben recorrente nas letras galegas: os nosos montes son refuxio, soño, amor, memoria, loita...
Cada curso traballou unha poeta galega contemporánea e recitou na radio escolar un poema relacionado cos bosques.
Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía, para homenaxear a nosa escritora máis emblemática.
Ao longo desta semana, no cole realizamos diferentes actividades para traballar a figura de Rosalía de Castro.
💙 6º de Educación Infantil
O alumnado de 6º de Infantil fai un repaso da vida de Rosalía e recita algúns dos seus versos. Tamén fixeron unhas marabillosas caricaturas desta gran escritora. Podedes ver os seus traballos premendo na imaxe:
💙 Pódcast do alumnado de 3º de Primaria
O alumnado de 3º de Primaria cóntanos a biografía de Rosalía de Castro nun pódcast marabilloso que podedes escoitar premendo nas imaxes.
💙 "Rosalía, unha muller pioneira", polo alumnado de 4º de Primaria
O alumnado de 4º de Educación Primaria gravou na radio un podcast co título "Rosalía, unha muller pioneira", un conto sobre a vida da escritora. Ademais recitaron na aula poemas das súas obras máis coñecidas. Podedes velo no seguinte vídeo.
💙 Novo episodio do programa Contos Revoltos
Rosalía de Castro destacou como poeta, pero sabías que tamén escribiu un conto en galego? O alumnado de 1º ESO interpretan o "Conto galego" de Rosalía no último episodio do seu programa Contos Revoltos. Podes escoitalo no seguinte vídeo:
💙 Regueifando con Rosalía
A nota musical púxoa o alumnado de 2º ESO, cantándolle unha regueifa a Rosalía de Castro. Non perdas a súa fantástica actuación!
Poñémoslle o ramo ao mes do libro cunha misteriosa obra que apareceu na clase de 3º ESO. Trátase dun cancioneiro manuscrito que recolle cantigas medievais de todos os xéneros.
O enigmático libro está asinado por trobadores de gran renome coma o Emperador Barcia da Veiga, Don Recarey o rei,Capitán Blanco de Penedo, Maruja do Esto, Manolo da Riloa, Yara de Lisa, Bryan o Biólogo, Romeroski_, Penedo, Yeray do Chosco, Bruno do Monte Blanco, María A de Nantón, Loureiro de Neaño, Mariño do Mar, Martín Códax, Joël do París ou o famoso Sabio de Beres.
O cancioneiro orixinal está ben gardado na biblioteca, pero podedes acceder a unha copia e ler as cantigas premendo na imaxe.
Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía. No noso centro, en relación ao PDI deste curso, celebrámolo recitando poemas coa temática do mar e dos océanos. Todos os cursos participaron nesta actividade: infantil, primaria e secundaria. Uns con poemas creados por eles e outros recitando poemas de grandes escritores.
No seguinte enlace poderás escoitar todos os podcast. Preme na imaxe correspondente a cada curso e desfruta do Día da Poesía!
Actualizamos a entrada para engadir os vídeos resumo desta magnífica xornada.
Alborada:
Plantamos unha figueira e unha camelia da casa de Rosalía de Castro:
O 23 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía para conmemorar o nacemento da gran poeta galega. No colexio As Revoltas sumámonos á iniciativa da Fundación Rosalía e festexaremos este día cunha Alborada para Rosalía. Haberá música tradicional, recitaremos e cantaremos os seus poemas e plantaremos unha figueira traída da Casa de Rosalía. Ademais, ao longo deste mes, unha compañeira do cole realizará un mural de Rosalía no patio.
Aprende a "Alborada" de Rosalía e canta con nós o día 23!
A continuación deixámosvos a letra da Alborada. Recordade!!!! O xoves día 23 todas e todos cantaremos no colexio esta canción!!!
Por último, deixámosvos tamén o enlace a algúns dos traballiños que realizou o alumnado para homenaxear á nosa gran poeta: