Amosando publicacións coa etiqueta Adrián Gómez Ramos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Adrián Gómez Ramos. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de abril de 2025

Encontro con Adrián Gómez Ramos

Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro e o alumnado de 2º de ESO tivo a sorte de celebrar este día con Adrián Gómez Ramos, o autor do último libro que están a ler na materia de Lingua Galega: Cando sangren os lobos. 

Con el conversamos sobre a súa obra, sobre literatura e certames literarios e tamén sobre un montón de temas moi interesantes coma a licantropía, a diversidade afectiva, series e pelis de medo, videoxogos... 

Agradecémoslle moitísimo a Adrián Gómez Ramos este encontro tan proveitoso!