Amosando publicacións coa etiqueta Premio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premio. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2026

Premio Mil Primaveras para Revolta Galega

O noso colexio vén de recibir un importante recoñecemento ao ser galardoado co Premio Mil Primaveras polo proxecto denominado "Revolta Galega".

Este premio pon en valor o compromiso da nosa comunidade educativa coa promoción, dinamización e uso da lingua galega.

O proxecto Revolta Galega naceu coa finalidade de fomentar o orgullo pola nosa lingua e cultura entre o alumnado, a través de diferentes actividades levadas a cabo ao longo destes anos.

Queremos destacar o esforzo e a implicación de todo o profesorado e alumnado nesta iniciativa. Romarías, encontros, entrevistas, podcast...., moitas actividades que só son posibles grazas ao traballo en equipo.

"O xurado considerou un aspecto destacable deste proxecto que é un modelo integral de dinamización para todo o centro e en diferentes ámbitos (...). Son especialmente interesantes as accións que serven para dar a coñecer referentes galegofalantes de diferentes ámbitos (ciencia, música, literatura...), onde o propio alumnado participa activamente facendo entrevistas."

Moitas grazas a toda a comunidade educativa do CPI As Revoltas por facer posible este logro!

Preme na imaxe para acceder á web dos Primeios Mil Primaveras e ao proxecto Revolta Galega. 



mércores, 21 de decembro de 2022

Parabéns para Teny e Marco!

Hoxe queremos darlle os parabéns a Teny e Marco, de 4º de primaria, polos premios que recibiron a semana pasada. 🎉

Teny quedou no terceiro posto na XIX Edición do Concurso de Contos de Nadal da Voz de Galicia, cun conto titulado "O roscón de Reis". Recolleu o premio o sábado pasado en Cee. 

O director da Voz entregando o premio
Teny cos demais premiados do Concurso de Contos de Nadal


Marco recibiu un premio no II Concurso de Debuxo e Pintura Gervasio Sar (categoría de Primaria), polo seu debuxo sobre os voluntarios que traballaron limpando as nosas costas tras o desastre do Prestige. Recibiu o premio o pasado venres en Muxía. 

Entrega do premio
Marco co seu diploma

Moitos parabéns para os premiados e para todos os participantes do noso cole! 🎈