mércores, 20 de decembro de 2023

Xa é Nadal na biblio!

O Nadal xa chegou á Biblioteca das Revoltas! 🎄🎅 Súper Pepiña puxo o traxe de luces e convidou o seu amigo Crebanoces para celebrar xuntos as festas. 

Van chegar as vacacións e Súper Pepiña está feliz
Un novo habitante da biblio - Grazas a Pablo por traelo!

Súper Pepiña e o Crebanoces fixeron unha selección de libros para desfrutar do Nadal. Podedes atopalos na entrada da biblio. 



Cantos de Reis do alumnado de Infantil
Ao longo da mañá do martes, 19 de decembro, o alumnado de 5º de Infantil agasallounos cantando os Reis polas clases de Primaria e Secundaria. Que ben o fixeron e que ben o pasamos todos escoitándoos! 💖

Merenda de Nadal do Club de Lectura
No primeiro recreo do mércores, 20 de decembro, tivemos a última xuntanza deste ano da Revolta das Letras, o club de lectura de secundaria. Fixemos unha pequena festiña de despedida e o alumnado recibiu un pequeno agasallo. A Revolta continúa no 2024. 

venres, 1 de decembro de 2023

Experimentos na biblio - Ciencia en Galego


O galego é unha lingua que serve para todo: para conversar entre nós, para xogar, para ler e escribir incribles historias... e tamén, por suposto, para facer ciencia e divulgala. Así, ao longo de novembro celebramos nas bibliotecas o Mes da Ciencia en Galego e no CPI As Revoltas quixemos festexalo da mellor maneira: facendo ciencia na nosa lingua. 

En colaboración co Club de Ciencias, na última semana deste mes realizamos varios Experimentos na Biblio. O alumnado do Club de Ciencias ensinounos como facer sangue artificial ou como crear unha lámpada de lava; descubriunos o que era a masa non newtoniana; ensinounos a recoñecer as pegadas do xabaril e do raposo... E ata fixeron explotar un volcán na biblio!

Podedes ver nas fotos o ben que o pasamos e canto aprendemos!




 
Gael ensínanos a facer sangue artificial

Obradoiro de pegadas con Breixo

Aprendemos con Nerea o que é a masa non newtoniana

Facemos un volcán artificial con Laura e Carmiña

Facemos unha lámpada de lava con Nico, Manu e Paula