Amosando publicacións coa etiqueta Día do Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Teatro. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de marzo de 2023

Día do Teatro

O pasado luns, 27 de marzo, celebrouse o Día Internacional do Teatro e un grupo de alumnas e alumnos de 4º ESO quixo festexalo preparando unha pequena peza teatral para os nenos e as nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria. A obra escollida foi "A vaca que puxo un ovo", adaptación do libro de Andy Cutbill. Despois, a rapazada de Infantil agasallou aos artistas cun bonito debuxo dos seus personaxes. Que ben o pasaron grandes e pequenos! :)