xoves, 30 de marzo de 2023

Son de Cabana de corazón

 Que alegría nos dá facer esta entrada no noso blog!!!!

Todo comezou no mes de  maio do 2022, no cal se celebrou a I Romaría das Letras no CPI As Revoltas, coincidindo ademais coa celebración do 50 aniversario do noso centro. 


Para esta celebración, entre outras actividades, gravamos unha canción, que sen pretendelo, se convertiu no himno do noso centro. Esta canción é Son de Cabana, unha versión da marabillosa canción de Xabier Díaz, O salón das cereixas.


Con este motivo no curso pasado contactamos con Xabier para falar da posibilidade de concertar un encontro con el no noso centro, e por fin, despois de case un ano, este soño está a punto de cumprirse. O día 13 de abril Xabier visitaranos e xuntos cantaremos algunha das súas magníficas cancións.


Se premedes na seguinte imaxe poderedes escoitalas e practicalas e tamén atoparedes a letra desas cancións. Animádevos a practicar aínda que só sexa o retrouso e o día 13 teremos unha xornada que nunca olvidaremos.




mércores, 29 de marzo de 2023

Día do Teatro

O pasado luns, 27 de marzo, celebrouse o Día Internacional do Teatro e un grupo de alumnas e alumnos de 4º ESO quixo festexalo preparando unha pequena peza teatral para os nenos e as nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria. A obra escollida foi "A vaca que puxo un ovo", adaptación do libro de Andy Cutbill. Despois, a rapazada de Infantil agasallou aos artistas cun bonito debuxo dos seus personaxes. Que ben o pasaron grandes e pequenos! :)





venres, 24 de marzo de 2023

Obradoiro de estampado

Ao longo desta semana desenvolveuse na biblioteca un obradoiro de estampado téxtil para celebrarmos o 21 de marzo, Día da Poesía e tamén Día da Árbore. O alumnado participante creou unha bolsa de tea orixinal e única estampando versos e follas de árbores. O obradoiro foi realizado en colaboración co Club de Ciencias. Mirade que deseños máis chulos! 






martes, 21 de marzo de 2023

Día Mundial da Poesía

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía. No noso centro, en relación ao PDI deste curso, celebrámolo recitando poemas coa temática do mar e dos océanos. Todos os cursos participaron nesta actividade: infantil, primaria e secundaria. Uns con poemas creados por eles e outros recitando poemas de grandes escritores. 

No seguinte enlace poderás escoitar todos os podcast. Preme na imaxe correspondente a cada curso e desfruta do Día da Poesía!

mércores, 8 de marzo de 2023

8M - Día Internacional da Muller

Para conmemorar este día recibimos a visita de Inés e María, dúas mariscadoras do Río Anllóns, que nos viñeron contar como é o seu traballo, as condicións, os utensilios que usan, cantos kg de berberechos poden coller ao día, etc. 
Ao día seguinte, o alumnado de infantil e primaria, visitou a depuradora, onde Inés nos explicou todo o proceso que pasa o berberecho para poder ser vendido. 












No club de lectura A Revolta das Letras celebramos o 8 de marzo lendo e reflexionando sobre o significado e a importancia deste día. Nunha asamblea aberta a todo o alumnado que quixese participar fixemos unha lectura conxunta de textos feministas de grandes autoras, coma Rosalía de Castro, que xa no século XIX berrou "Eu son libre!" ou Xohana Torres, que nos agasallou o potente verso "Eu tamén navegar". Compartimos as nosas lecturas no seguinte enlace: 

EU TAMÉN NAVEGAR - POEMAS PARA CELEBRARMOS O 8 DE MARZO







venres, 3 de marzo de 2023

Día do Naturalismo Galego

O próximo 9 de marzo celébrase o Día do Naturalismo Galego, coincidindo co aniversario do nacemento do Padre Sarmiento. Para celebralo, propoñémosvos un súper concurso sobre a fauna e a flora galegas. 

Na entrada da biblioteca tedes 8 carteis de distintos ecosistemas galegos. O concurso consiste en identificar o maior número posible de especies nestes carteis, tanto animais coma vexetais. 
Anota todas as especies que recoñezas e déixaas na caixa que atoparás xunto aos carteis. Podes buscar axuda nas guías de natureza expostas diante dos carteis. 
Todos os/as participantes terán un pequeno agasallo e o campión ou a campioa do concurso terá un súper premio salvaxe!! 




Actualización:
A gañadora do concurso e dun xabaril ben feitiño foi Xiana de 6º. O resto das participantes levaron un raposiño :) Parabéns á campioa e moitas grazas a todas as concursantes pola vosa participación!







xoves, 2 de marzo de 2023

Contacontos en francés

Bonjour! Con motivo do mes da Francofonía, o alumnado da materia de francés de secundaria recibiu hoxe a visita do gran contacontos Samuel Mountoumnjou, de Camerún.  Aprendemos que o francés está presente en todos os continentes e que a diversidade lingüística e cultural africana é unha gran riqueza. A través das súas historias, transmitiunos valores tan importantes como saber escoitar e o respeto aos nosos maiores. 

À la prochaine, Samuel! Merci d'être venu!