Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de outubro de 2025

O Samaín nos bosques galegos

Chega o Samaín e, con el, unha das nosas actividades preferidas: escribir e contar contos de medo! 

Todos os cursos do colexio crearon e gravaron na radio terroríficos relatos ambientados en bosques arrepiantes nos que viven todo tipo de criaturas: pantasmas, bruxas e feiticeiros, o Home do Saco, a Santa Compaña, o Vákner, o Sacaúntos... 

Podes escoitalos premendo seguinte presentación, pero avisamos que non son aptos para persoas sensibles! 

Bo Samaín para todos e todas! 🎃 

Samaín na biblio

Falta moi pouquiño para a noite máis arrepiante do ano!! 👻

Para celebrarmos o Samaín, a biblio encheuse de pantasmas, cabazas, monstros, bruxas... E, por suposto, moitísimas historias de medo que podedes levar para ler estes días!!




mércores, 30 de outubro de 2024

Xa chegou o Samaín

Mañá é o día do Samaín e esta semaniña no cole foi realmente intensa e terrorífica. Contámosvos deseguido as actividades que realizamos para celebrarmos a data máis horripilante do ano. 

CONTOS TERRORÍFICOS

Todos os cursos do centro, desde Infantil ata 4º ESO, crearon e gravaron na radio os seus contos de medo. Podes escoitalos premendo seguinte presentación, pero avisamos que non son aptos para persoas sensibles!! 




FESTIÑA DE SAMAÍN

O voluntariado da biblioteca de Secundaria preparou unha festa de Samaín para o alumnado de Infantil. Para comezar, interpretaron o conto Corre corre, Cabaciña e despois, festa rachada con xogos, baile e pintacaras. Pasámolo xenial! 




CONTACONTOS DE MEDO

Ao longo da semana, a profesora Raquel leulles contos de medo na biblio ao alumnado de Primaria. Esta mañá, os nenos e as nenas de 1º ESO contaron os seus relatos de Samaín en 3º e 4º de Primaria. 








A BIBLIO DO TERROR

A nosa biblio converteuse nunha auténtica casa do terror... Os andeis foron ocupados por pantasmas, bruxas, morcegos, cabazas... E tamén nos visitou o esqueleto Homero, que escapou do laboratorio para pasar estes días con Súper Pepiña. 





E MÁIS CONTOS DE MEDO!

Por último, se quedaches con ganas de máis contos de medo, podes levar algún dos que temos expostos na biblio. 


venres, 3 de novembro de 2023

Obradoiros de Samaín

O pasado martes, 31 de outubro, as voluntarias da biblio de 4º ESO (tamén coñecidas como "Shrek e compañía") impartiron uns divertidos (e horripilantes!) obradoiros nas clases de Infantil. O alumnado de 4º de Infantil coloreou máscaras de bruxas e monstros; en 5º, crearon morcegos con rolos de papel e por último, en 6º, fixeron adornos terroríficos reciclando discos vellos. Ademais, as nosas voluntarias pintáronlles a cara a estas pequenas bruxiñas, cabazas, pantasmas, esqueletos... Foi unha mañá moi divertida, pasárono de meeeedo!







luns, 30 de outubro de 2023

Debuxos e contos terroríficos

Chegou o Samaín ao CPI As Revoltas!
Queres escoitar relatos arrepiantes de monstros, de pantasmas, de bruxas e  doutros seres terroríficos? Pois aquí vos deixamos catorce emocionantes contos que elaborou o alumnado do CPI As Revoltas.
Escoita con moita atención!

Ademais, os nosos corredores están cheos de debuxos terroríficos que dan moito meeeedoooooo! No seguinte vídeo podedes ver todos os debuxos realizados polo noso alummnado para que os nosos corredores sexan de medo!

venres, 27 de outubro de 2023

O Samaín está a chegar

Falta moi pouquiño para o Samaín e no CPI As Revoltas xa se respira un ambiente terroríficooooo... 🎃😱

Esta mañá, o voluntariado da biblio estivo contándolle historias de medo aos nenos de Infantil e Primaria: 



Se queres ler máis contos de bruxas, monstros, pantasmas ou vampiros, só tes que vir pola biblio e coller algunha das historias escalofriantes que seleccionamos para estas datas: 

Iso si, se vés pola biblio estes días ten moito coidado coas pantasmas que se agachan polos estantes! 👻


luns, 31 de outubro de 2022

Celebramos o Samaín

O venres pasado o CPI As Revoltas converteuse nunha auténtica casa do terror. O noso colexio, preparado para a ocasión cunha decoración do máis sinistra, encheuse de monstros, demos, esqueletos, zombis, pantasmas, bruxas... e moitas máis criaturas horripilantes! 👻

Xogamos, cantamos, bailamos e tamén contamos e escoitamos historias arrepiantes que nos puxeron os pelos de punta. Podedes ver un resumo deste día terrorífico no seguinte vídeo:



E se despois do Samaín aínda tedes ganas de máis historias de medo, podedes coller algún libro da exposición que temos diante da biblio:



venres, 28 de outubro de 2022

Contos de medo no Samaín

 Xa chegou este día tan esperado por todos e todas no CPI As Revoltas, hoxe é día 28 de outubro e celebramos o Samaín. 

Os corredores, a biblioteca e as aulas están preparadas para recibir a tódolos nenos e a tódalas nenas vestidos con arrepiantes disfraces. 

E como non... a nosa radio tamén está que mete medo...... UUUUUUUHHHHHHHH!!!! As Ondas Revoltas están terroríficas..... O alumnado de infantil, primaria e secundaria xunto coas súas titoras e titores elaboraron  verdadeiros contos de meeeedoooooo que logo gravaron na radio. Premede na seguinte imaxe e poderedes escoitalos.