luns, 30 de outubro de 2023

Debuxos e contos terroríficos

Chegou o Samaín ao CPI As Revoltas!
Queres escoitar relatos arrepiantes de monstros, de pantasmas, de bruxas e  doutros seres terroríficos? Pois aquí vos deixamos catorce emocionantes contos que elaborou o alumnado do CPI As Revoltas.
Escoita con moita atención!

Ademais, os nosos corredores están cheos de debuxos terroríficos que dan moito meeeedoooooo! No seguinte vídeo podedes ver todos os debuxos realizados polo noso alummnado para que os nosos corredores sexan de medo!

venres, 27 de outubro de 2023

O Samaín está a chegar

Falta moi pouquiño para o Samaín e no CPI As Revoltas xa se respira un ambiente terroríficooooo... 🎃😱

Esta mañá, o voluntariado da biblio estivo contándolle historias de medo aos nenos de Infantil e Primaria: 



Se queres ler máis contos de bruxas, monstros, pantasmas ou vampiros, só tes que vir pola biblio e coller algunha das historias escalofriantes que seleccionamos para estas datas: 

Iso si, se vés pola biblio estes días ten moito coidado coas pantasmas que se agachan polos estantes! 👻


martes, 24 de outubro de 2023

Día das Bibliotecas - A nosa biblio

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, unha xornada para poñer en valor o importante papel social destes espazos cheos de vida e de maxia. 

No noso cole festexámolo coa súper estrea de "A NOSA BIBLIOTECA", un vídeo elaborado polo alumnado de 1º ESO que forma parte do voluntariado da biblio. Nel, explícannos moi ben como funciona a biblio, os seus espazos, o material que podemos levar prestado e moitas outras cousas! 
Non vos contamos máis, podedes velo aquí: 



Ao longo desta semana, o alumnado de Infantil e Primaria está visitando a biblio para coñecer o seu funcionamento, escoitar un relato contado polas voluntarias de 1º ESO e saudar a nosa Súper Pepiña!

Ademais, todos os nenos e nenas están recibindo o lecturómetro de Súper Pepiña, que este ano conta cun súper debuxo da nosa voluntaria Idoia. 

O lecturómetro de Súper Pepiña




Aquí vos deixamos algunhas fotos destas visitas á biblio: 

1º Ciclo de E.P.
2º Ciclo de E.P.


3º Ciclo de E.P.
Infantil

Súper Pepiña 


A Revolta das Letras

O pasado xoves, 19 de outubro, inauguramos un novo curso de A Revolta das Letras, o club de lectura de secundaria, do que forman parte arredor de corenta participantes de todos os grupos da ESO. 

Neste primeiro encontro falamos sobre o funcionamento do club (grupos, reunións, etc.) e coñecemos as primeiras lecturas conxuntas que realizaremos este ano: Mentira e Verdade, de Care Santos e Senlleiras, de Antía Yáñez.

Aí queda para o recordo unha fotiño deste feliz recreo. A revolta lectora está en marcha! 

Inauguración do Club de Lectura - Súper Pepiña non podía faltar :)


martes, 17 de outubro de 2023

Celebramos o Día das Escritoras

O pasado luns, 16 de outubro, celebramos o Día das Escritoras, unha data para lembrar e reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. No CPI As Revoltas sumámonos a esta conmemoración. 

O noso voluntariado da biblio de Secundaria visitou os cursos de Infantil e Primaria para explicarlles o significado desta celebración e falarlles de tres escritoras galegas: Rosalía de Castro (en Infantil) e Yolanda Castaño e Paula Carballeira (en Primaria), recentemente galardoadas con senllos Premios Nacionais. Ademais de explicarlles a súa traxectoria, tamén lles leron algúns fragmentos das súas obras infantís. Aquí vos deixamos algunha fotiño desta xornada tan especial: 



Por outra parte, na entrada da biblio expuxemos un gran mural con algunhas das escritoras galegas e universais de todos os tempos que habitan nos andeis da nosa biblio. 



Os nenos e as nenas de 5º Infantil centráronse na figura da nosa gran Rosalía de Castro. Mirade canto aprenderon!


O alumnado de terceiro de primaria tamén se achegou ao legado de diferentes escritoras galegas, desde a cabanesa Matilde Vilariño ata Rosalía de Castro, pasando por Luz Pozo Garza ou Luísa Villalta. Podes escoitar o seu programa de radio premendo na imaxe: 


Finalmente, os nenos e as nenas de cuarto de primaria celebraron este día investigando a traxectoria de máis autoras galegas coma Andrea Maceiras, Antía Yáñez, Ledicia Costas ou a nosa querida Rosalía Fernández Rial. Nos enlaces de abaixo podedes ler os seus traballos e tamén escoitar o podcast que gravaron: 




Estamos de volta!

Mirade que guapa se nos puxo Súper Pepiña para darlle a benvida ao outono... Está agardando por vós na biblio! :)