luns, 20 de febreiro de 2023

Día de Rosalía

Actualizamos a entrada para engadir os vídeos resumo desta magnífica xornada.

Alborada:



Plantamos unha figueira e unha camelia da casa de Rosalía de Castro:



O 23 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía para conmemorar o nacemento da gran poeta galega. No colexio As Revoltas sumámonos á iniciativa da Fundación Rosalía e festexaremos este día cunha Alborada para Rosalía. Haberá música tradicional, recitaremos e cantaremos os seus poemas e plantaremos unha figueira traída da Casa de Rosalía. Ademais, ao longo deste mes, unha compañeira do cole realizará un mural de Rosalía no patio. 

Aprende a "Alborada" de Rosalía e canta con nós o día 23!



A continuación deixámosvos a letra da Alborada. Recordade!!!! O xoves día 23 todas e todos cantaremos no colexio esta canción!!! 



Por último, deixámosvos tamén o enlace a algúns dos traballiños que realizou o alumnado para homenaxear á nosa gran poeta: 

luns, 13 de febreiro de 2023

Día Mundial da Radio

Hoxe, 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio. O lema deste ano é "Radio e Paz" e o noso alumnado de 3º e 4º de primaria realizou dous podcasts ben interesantes nos que falan de paz, educación, ecoloxía... Os dous programas foron enviados a Ponte...nas ondas! e podedes escoitalos premendo na imaxe de abaixo. Feliz Día da Radio!


xoves, 9 de febreiro de 2023

Preparándonos para o Entroido

Ola nenas e nenos do CPI As Revoltas!!!!!

En pouquiños días xa estaremos navegando polo entroido. Que pouquiño falta! Que emoción!!!!
Súper Pepiña é a encargada de contarnos os mandatos do Meco, ademais teremos a Chinto na entrada do cole para ir recordándonos a vestimenta de cada día.

Alumnado de infantil e de primaria, aquí vos deixamos un vídeo coas ordes para vós.




Alumnado de secundaria, o Meco tamén pensou en vós eh!! Aquí tedes os mandatos.



Recordade!!!! O Entroido no CPI As Revoltas comeza o luns, 13 de febreiro, e o venres 17 teremos a GRAN DESFILEEEEE!!!!
A disfrutar do entroidooooooo!!!!!!


Día da Muller e da Nena na Ciencia

O vindeiro sábado, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, co obxectivo principal de visibilizar o papel da muller no eido científico.

Como neste curso o PDI do noso cole son os océanos, centramos a nosa atención en diferentes científicas que dedicaron as súas vidas ao estudo dos océanos, desde Jeanne Baret ata Cindy Lee Van Dover, pasando por Ángeles Alvariño ou Mary Sears. Podedes saber máis sobre as contribucións de todas elas na exposición da entrada da biblio ou premendo na seguinte imaxe:


De todas estas científicas, destacamos os traballos da galega Ángeles Alvariño. Queredes saber que fixo esta importante científica? Súper Pepiña cóntacho no seguinte vídeo:



Ao igual ca Súper Pepiña, o alumnado de 4º de primaria tamén fixo as súas investigacións e debuxos sobre Ángeles Alvariño. Podes lelas premendo aquí

Celebra este día con nós collendo algún dos libros que seleccionamos para conmemorar esta data e realizando os pasatempos que atoparás na entrada da biblioteca. Entrégaos feitos na biblio e recibirás un pequeno regaliño! 🎁

xoves, 2 de febreiro de 2023

Centenario do falecemento de Manuel Murguía

Hoxe, día 2 de febreiro,  cúmprense cen anos do pasamento de Manuel Murguía.  O alumnado de 4º de Primaria investigou sobre a figura deste historiador e escritor galego. Aquí vos deixamos algúns dos seus traballos.