mércores, 21 de decembro de 2022

O Nadal nas Revoltas

Ao longo das últimas semanas, o Nadal foi entrando en cada recunchiño do noso cole. Nesta entrada recollemos algún dos traballos realizados arredor destas datas e tamén presentamos un vídeo resumo do día 22 de decembro, cando tivemos a sorte de recibir aos Reis Magos no cole.




🎄 Árbore de Nadal con materiais reciclados 


🎅 Decoración de Nadal 



🎄 
Tarxetas de Nadal do alumnado de Infantil



🎅 Personaxes do Nadal - Traballos do alumnado de 2º ESO










Os libros de Súper Pepiña

O Nadal é unha época fantástica para ler e agasallar libros. Súper Pepiña recoméndache algunhas das novidades que podes atopar na nosa biblio. Ven buscar a túa lectura para estas vacacións! 

Premendo na imaxe podes ver as recomendacións lectoras de Súper Pepiña: 



E premendo nestas imaxes podes acceder ás recomendacións que nos fan as profes de Infantil e do 2º ciclo de primaria: 

Lecturas recomendadas - INFANTIL
Lecturas recomendadas - 2º CICLO DE PRIMARIA






Celebrando A Revolta das Letras

Hoxe tivo lugar a última xuntanza do ano da Revolta das Letras, o noso club de lectura. Fixemos unha pequena festiña na biblio, para celebrar as nosas primeiras lecturas e despedirnos ata despois do Nadal. 



Contamos nesta xuntanza coa presenza de Rosalía Fernández Rial. Vémola todos os días como profe e compañeira, pero hoxe tivemos a inmensa sorte de que nos mostrase o seu traballo como escritora, recitándonos algún poema do seu libro Desnortada. 



Tamén houbo tempo para unha pequena paparota! 😃


Cada membro do club levou un pequeno agasallo. 🎁




Vémonos (e lemos) á volta das vacacións. A Revolta das Letras continúa no 2023!!




Parabéns para Teny e Marco!

Hoxe queremos darlle os parabéns a Teny e Marco, de 4º de primaria, polos premios que recibiron a semana pasada. 🎉

Teny quedou no terceiro posto na XIX Edición do Concurso de Contos de Nadal da Voz de Galicia, cun conto titulado "O roscón de Reis". Recolleu o premio o sábado pasado en Cee. 

O director da Voz entregando o premio
Teny cos demais premiados do Concurso de Contos de Nadal


Marco recibiu un premio no II Concurso de Debuxo e Pintura Gervasio Sar (categoría de Primaria), polo seu debuxo sobre os voluntarios que traballaron limpando as nosas costas tras o desastre do Prestige. Recibiu o premio o pasado venres en Muxía. 

Entrega do premio
Marco co seu diploma

Moitos parabéns para os premiados e para todos os participantes do noso cole! 🎈 

venres, 16 de decembro de 2022

Contos de Nadal

O Nadal está a chegar e nas Revoltas xa se nota a alegría destas festas. Estas semanas, o alumnado de secundaria e de 4º, 5º e 6º de primaria están visitando as clases dos máis pequeniños/as do cole para lerlles contos de Nadal 🎄🎅


 

 

🎄Na biblio podedes atopar unha selección de contos de Nadal, para desfrutar destas festas coa compañía dos libros: 




🎄Os Reis Magos vixían a porta da biblio... Portádevos ben! 😊



 



mércores, 7 de decembro de 2022

Día Internacional da Elimininación da Violencia contra as Mulleres

Para conmemorar este día, no CPI As Revoltas e en relación ao Proxecto Documental Integrado do Centro, "Os Océanos", decoramos os nosos corredores con seis faros galegos.  A Torre de Hércules, o Faro do Roncudo, o Faro de Punta Nariga, o Faro do Cabo Fisterra, o Faro do Cabo Touriñán e o Faro do Cabo Vilán iluminan palabras positivas e xunto aos mesmos, seis redes atrapan as palabras negativas.

Ademais, todas e todos xuntas e xuntos cantamos unha canción "Mar de Fondo", donde queremos expresar que sempre estaremos preparadas/os para axudar a esa amiga que o precise.