xoves, 20 de abril de 2023

Debuxando os océanos

Actualización

A continuación presentamos as gañadoras do I Certame de Debuxo. Parabéns ás gañadoras e parabéns a todos os participantes!

                     


                      


                 




No seguinte vídeo podedes ver todos os debuxos participantes no concurso.


30/03/23
Con motivo do Día das Artes Galegas, que se celebra o vindeiro 1 de abril, convócase o I Certame de Debuxo para toda a comunidade educativa do CPI As Revoltas:
Debuxando os océanos. A continuación podes ler as bases completas do concurso premendo na imaxe. Anímate a participar!! 




venres, 14 de abril de 2023

Reto Bookface

Actualización: 

Publicamos as fotografías gañadoras no reto do bookface. Moitííísimas grazas pola vosa participación.

    


    


Para celebrar o Día do Libro, Súper Pepiña lánzavos un reto: facer un bookface. Anímate e funde o teu corpo cun libro! Haberá premios para os máis orixinais. 




Participantes

Pode participar todo o alumnado do centro (Infantil, Primaria e Secundaria) e demais membros do centro (profesorado, persoal non docente).

Os tres mellores bookface do alumnado serán obsequiados cun agasallo.

Todos os bookface serán expostos no blog de Super Pepiña e na páxina web do centro.


Participación

Cada participante pode presentar un bookface, realizado sobre a cuberta dun libro publicado nalgunha das linguas impartidas no centro (galego, castelán, inglés ou francés).

Os formatos aceptados son: JPG, JPEG e PNG.

Cada participante deberá enviar dous ficheiros adxuntos: 

  • Un coa foto bookface presentada a concurso.
  • Outro ficheiro adxunto no que se recoñeza ao modelo xunto coa portada do libro (making of).


Como facer unha foto bookface

Facer coincidir a cara ou outra parte do corpo coa imaxe que aparece na cuberta do libro.

Acercar ou afastar o libro para encaixalo coa cara do/da modelo ou a parte do corpo necesaria.


Prazo de presentación

Durante o mes de abril (ata o  día 30)

Cada participante deberá enviar as súas fotos ao correo de Super Pepiña: ocorreodesuperpepinha@gmail.com


Encontro con Andrea Maceiras

O pasado mércores, 12 de abril, o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu a visita dunha das escritoras máis queridas pola mocidade: Andrea Maceiras. 

A autora falounos dos seus libros, do proceso creativo e do marabilloso oficio de escribir e contar historias. O alumnado conversou con ela sobre os tres libros que leron dela: O que sei do silencio (3º ESO), Nubes de evolución (4º ESO) e Que me pare o corazón se te esquezo (Club de lectura). 

Moitas grazas, Andrea, por este encontro tan agradable e proveitoso! :)