domingo, 19 de abril de 2026

Mural de Leandro Lamas

Desde esta semana, entramos aínda máis felices no colexio. O pintor Leandro Lamas, coa axuda do alumnado de Infantil e Primaria, encheu a nosa entrada de cor, música e alegría.

Begoña Caamaño - Letras Galegas 2026

Como seguro que xa sabes, este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Begoña Caamaño. Para saber máis sobre esta marabillosa escritora, podes visitar a exposición da entrada da biblio e consultar algún dos libros que falan sobre ela. 

Tamén che recomendamos estes enlaces nos que atoparás moita información e actividades sobre Begoña Caamaño: 


Contacontos na biblio

Achégase o Día do Libro e na biblio xa imos quecendo motores. 

O pasado mércores, 15 de abril, visitounos Vicky, unha contacontos da editorial Santillana que nos fixo soñar e sorrir recreando as historias que estamos a ler na clase: O Lobo Ramón, de María Canosa, e Matilda, de Roald Dahl. 

Deixámosvos algunhas fotiños das diferentes sesións. 

Contacontos en Infantil


Contacontos en 1º ciclo de Primaria


Contacontos en 2º ciclo de Primaria