Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de outubro de 2025

A Revolta das Letras

Mañá, 24 de outubro, conmemórase o Día das Bibliotecas, e que mellor xeito de celebralo ca xuntándonos na biblio para inaugurar un novo curso do club de lectura de secundaria. 

Durante o segundo recreo reunímonos todos os membros do club para recoller as lecturas que compartiremos durante este trimestre: Verdade, Santoamaro e A miña planta de laranxa lima

Comeza a Revolta das Letras!!


xoves, 24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas, unha xornada para poñer en valor o importante papel das bibliotecas na sociedade. Para celebrarmos este día, se vides por un libro durante esta semana Súper Pepiña agasarallavos cun marcapáxinas. Bule polo teu libro!




E, se aínda tes dúbidas sobre como funciona a biblio, deixámosche o vídeo explicativo que realizaron durante o curso pasado as nosas voluntarias: 



"Non é só unha biblioteca. É unha nave espacial que te levará aos puntos máis afastados do universo, unha máquina do tempo que te levará ao pasado recóndito e ao distante futuro, un mestre que sabe máis ca ningún ser humano, un amigo que te divertirá e te consolorará e sobre todo, unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil". 

ISAAC ASIMOV

martes, 24 de outubro de 2023

Día das Bibliotecas - A nosa biblio

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, unha xornada para poñer en valor o importante papel social destes espazos cheos de vida e de maxia. 

No noso cole festexámolo coa súper estrea de "A NOSA BIBLIOTECA", un vídeo elaborado polo alumnado de 1º ESO que forma parte do voluntariado da biblio. Nel, explícannos moi ben como funciona a biblio, os seus espazos, o material que podemos levar prestado e moitas outras cousas! 
Non vos contamos máis, podedes velo aquí: 



Ao longo desta semana, o alumnado de Infantil e Primaria está visitando a biblio para coñecer o seu funcionamento, escoitar un relato contado polas voluntarias de 1º ESO e saudar a nosa Súper Pepiña!

Ademais, todos os nenos e nenas están recibindo o lecturómetro de Súper Pepiña, que este ano conta cun súper debuxo da nosa voluntaria Idoia. 

O lecturómetro de Súper Pepiña




Aquí vos deixamos algunhas fotos destas visitas á biblio: 

1º Ciclo de E.P.
2º Ciclo de E.P.


3º Ciclo de E.P.
Infantil

Súper Pepiña 


luns, 24 de outubro de 2022

Celebramos o Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas e no CPI As Revoltas festexámolo por todo o alto!



Súper Pepiña vestiu as súas mellores galas e decorou a biblio para recibir aos nenos e ás nenas que se achegaron por alí. Que ganas tiña de velos de novo!

Súper Pepiña!


O alumnado de Infantil e Primaria desfrutou pola mañá con «As aventuras de Mariña», unha nena á que lle encanta coñecer historias sobre o mar e sobre os habitantes mariños. Pasárono moi ben  con este contacontos da compañía Galeatro e seguro que Mariña lles achegou moitas ideas para traballar sobre os océanos, o tema do PDI deste curso. 



Finalmente, ao longo desta xornada tamén se deseñaron marcapáxinas e púxose en marcha o lecturómetro de Súper Pepiña. Consigue o teu na biblioteca!