venres, 15 de maio de 2026
Co galego no corazón facemos revolución
luns, 27 de abril de 2026
Premio Mil Primaveras para Revolta Galega
O noso colexio vén de recibir un importante recoñecemento ao ser galardoado co Premio Mil Primaveras polo proxecto denominado "Revolta Galega".
Este premio pon en valor o compromiso da nosa comunidade educativa coa promoción, dinamización e uso da lingua galega.
O proxecto Revolta Galega naceu coa finalidade de fomentar o orgullo pola nosa lingua e cultura entre o alumnado, a través de diferentes actividades levadas a cabo ao longo destes anos.
Queremos destacar o esforzo e a implicación de todo o profesorado e alumnado nesta iniciativa. Romarías, encontros, entrevistas, podcast...., moitas actividades que só son posibles grazas ao traballo en equipo.
"O xurado considerou un aspecto destacable deste proxecto que é un modelo integral de dinamización para todo o centro e en diferentes ámbitos (...). Son especialmente interesantes as accións que serven para dar a coñecer referentes galegofalantes de diferentes ámbitos (ciencia, música, literatura...), onde o propio alumnado participa activamente facendo entrevistas."
Moitas grazas a toda a comunidade educativa do CPI As Revoltas por facer posible este logro!
Preme na imaxe para acceder á web dos Primeios Mil Primaveras e ao proxecto Revolta Galega.
venres, 21 de xuño de 2024
Falemos Máis Galego
O 20 de xuño, o alumnado dos dous grupos de 1º ESO desprazouse a Cee para asistir á gala de Falemos Máis Galego, unha iniciativa impulsada este curso desde o IES Agra de Raíces (Cee) co obxectivo de potenciar o valor da lingua galega na Costa da Morte.
Previamente, o alumnado de 1º ESO enviara a súa candidatura para participar no concurso ligado a esta iniciativa: un vídeo e un logo co lema: Quero o galego, quero este idioma, que o falen todos é o que máis mola.



.png)