Amosando publicacións coa etiqueta Teatro lido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro lido. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de outubro de 2024

Certame de Teatro Lido - FIOT

Varios grupos de alumnas e alumnos do CPI As Revoltas participan no XXIII Concurso de Teatro Lido, organizado no marco do Festival Internacional Outono de Teatro que se celebra en Carballo durante este mes de outubro. 
Deixámosvos deseguido as propostas do noso alumnado. Vaia artistas temos nas Revoltas! 😎

Arca Teatro - 4º Primaria - Os grandes


Feirantes - 2º ESO - Camiño da feira


Sereas Glamour - 2º ESO - Contos de raposos



Instalacións Eléctricas - 4º ESO - Última hora



Os Viquingos e as Viquingas do Pendón - 4º ESO - Don Quixote da Mata



mércores, 22 de novembro de 2023

As Revoltas no FIOT

O grupo Instalacións Eléctricas, formado polos alumnos Manuel, Bryan e Adrián de 3º ESO, fíxose co primeiro premio do XXII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, organizado pola AC Telón e Aparte, no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. O grupo presentouse ao certame cunha adaptación dun conto de Sechu Sende incluído na obra Made in Galiza. 

Instalacións Eléctricas na Cadena Ser - Radio Nordés

O grupo recolleu o seu galardón nunha gala celebrada o 12 de novembro no Pazo da Cultura de Carballo. 

Ademais de Instalacións Eléctricas, participaron nesta edición do FIOT outros tres grupos do CPI As Revoltas. Abaixo tedes o enlace ás fantásticas propostas que enviaron ao concurso. Moitos parabéns aos campións e tamén a todos os grupos participantes polo seu magnífico traballo! 😊


👉 As Revoltas Teatreiras - 4º de Primaria

👉 As rapazas bravas de Nantón - 3º ESO

👉 Os Viquingos do Pendón - 3º ESO

👉 Instalacións Eléctricas - 3º ESO


xoves, 17 de novembro de 2022

Certame de Teatro Lido

O grupo Os Viquingos do Pendón, formado polos alumnos Bruno A., Yeray, Bruno G. e Nicolás de 2º ESO, gañou o primeiro premio do XXI Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, organizado pola AC Telón e Aparte, no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. O grupo presentouse ao certame cun fragmento adaptado da obra Atraco no banco, de Manuel Núñez Singala. 

Pinchando na foto podedes escoitar a lectura dramatizada do texto que os Viquingos do Pendón gravaron nos estudos de Radio Voz de Carballo (emitido no programa Voces de Bergantiños o pasado martes, 15 de novembro). 

Os Viquingos do Pendón en Radio Voz


Os Viquingos do Pendón na Gala Final do certame


Ademais dos Viquingos do Pendón, participaron nesta edición do Certame de Teatro Lido outros tres grupos do CPI As Revoltas. Abaixo tedes o enlace ás fantásticas propostas que enviaron ao concurso. Moitos parabéns aos campións e tamén a todos os grupos participantes polo seu traballo! 😊