mércores, 30 de outubro de 2024
Xa chegou o Samaín
mércores, 29 de marzo de 2023
Día do Teatro
O pasado luns, 27 de marzo, celebrouse o Día Internacional do Teatro e un grupo de alumnas e alumnos de 4º ESO quixo festexalo preparando unha pequena peza teatral para os nenos e as nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria. A obra escollida foi "A vaca que puxo un ovo", adaptación do libro de Andy Cutbill. Despois, a rapazada de Infantil agasallou aos artistas cun bonito debuxo dos seus personaxes. Que ben o pasaron grandes e pequenos! :)
xoves, 17 de novembro de 2022
Certame de Teatro Lido
O grupo Os Viquingos do Pendón, formado polos alumnos Bruno A., Yeray, Bruno G. e Nicolás de 2º ESO, gañou o primeiro premio do XXI Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, organizado pola AC Telón e Aparte, no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. O grupo presentouse ao certame cun fragmento adaptado da obra Atraco no banco, de Manuel Núñez Singala.
Pinchando na foto podedes escoitar a lectura dramatizada do texto que os Viquingos do Pendón gravaron nos estudos de Radio Voz de Carballo (emitido no programa Voces de Bergantiños o pasado martes, 15 de novembro).
![]() |
| Os Viquingos do Pendón en Radio Voz |
| Os Viquingos do Pendón na Gala Final do certame |
venres, 11 de novembro de 2022
20 anos do Prestige
O domingo 13 de novembro cúmprense 20 anos do primeiro mayday do petroleiro Prestige e do inicio da catástrofe ecolóxica que del derivou. Estes días, o noso alumnado está traballando sobre este terrible suceso que tinguiu de negro as nosas costas: o afundimento do buque, a marea negra, o chapapote, a solidariedade do voluntariado...
Os nenos e as nenas de 1º de Primaria elaboraron un emocionante relato sobre esta traxedia ecolóxica. Podedes escoitalo pinchando na seguinte imaxe:
![]() |
| A traxedia do Prestige contada polos nenos e nenas de 1º de Primaria |
O alumnado de 3º de Primaria estivo investigando sobre todo isto e os interesantes resultados das súas pescudas podedes lelos nestes traballos. Ademais, coa información recollida elaboraron un completo podcast que podedes escoitar pinchando na imaxe:
| A catástrofe do Prestige contada polo alumnado de 3º de Primaria |


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)



.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)





