O grupo Os Viquingos do Pendón, formado polos alumnos Bruno A., Yeray, Bruno G. e Nicolás de 2º ESO, gañou o primeiro premio do XXI Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, organizado pola AC Telón e Aparte, no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. O grupo presentouse ao certame cun fragmento adaptado da obra Atraco no banco, de Manuel Núñez Singala.
Pinchando na foto podedes escoitar a lectura dramatizada do texto que os Viquingos do Pendón gravaron nos estudos de Radio Voz de Carballo (emitido no programa Voces de Bergantiños o pasado martes, 15 de novembro).
Os Viquingos do Pendón en Radio Voz |
Os Viquingos do Pendón na Gala Final do certame |
Ademais dos Viquingos do Pendón, participaron nesta edición do Certame de Teatro Lido outros tres grupos do CPI As Revoltas. Abaixo tedes o enlace ás fantásticas propostas que enviaron ao concurso. Moitos parabéns aos campións e tamén a todos os grupos participantes polo seu traballo! 😊
Ningún comentario:
Publicar un comentario