Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de decembro de 2025

Nadal nas Revoltas

Hoxe, 19 de decembro, recibimos no noso colexio a visita tan especial de todos os anos, as Súas Maxestades de Oriente. Nesta ocasión foi o alumnado o que quixo sorprendelos a eles para agradecerlles que sempre teñan tempo de parar no CPI As Revoltas reproducindo o seu baile máis mítico en Cabana.


BO NADAL E FELIZ 2026!!

xoves, 18 de decembro de 2025

Os libros de Súper Pepiña

Coma cada Nadal, Súper Pepiña comparte con nós os libros que máis lle gustan.  
Preme na imaxe para ver as súas recomendacións: 



E deixámosvos tamén por aquí as recomendacións que nos fan as profes de Infantil e de 2º ciclo de primaria. Moitas grazas!!




Bo Nadal e Felices Lecturas!!

xoves, 19 de decembro de 2024

Nadal na biblio!! ✨🎄

O Nadal está ás portas e estas últimas semanas realizamos moitas actividades para celebralo. Contámosvos aquí algunhas das cousiñas que fixemos. 

📚 Festa de Nadal do club de lectura 
O xoves 19 celebrouse na biblio unha festiña do club de lectura, para celebrarmos as lecturas que compartimos durante este trimestre e as que están por vir. Vimos unha curtametraxe, o alumnado de 4º leunos un conto de Nadal e, por suposto, non faltou a merendola. Os reis, que andaban ese día polo centro, trouxéronlle a cada membro do club un chaveiro e un marcapáxinas. 





🎵 Cantos de Reis 
O mércores 18 os nenos e as nenas de 6º de Infantil foron cantar os Reis por todo o cole. Que ben o pasamos con estes/as artistas!! 😊



🎤 Regueifa de Nadal
O alumnado de 2º ESO deséxanos unhas felices festas a ritmo de regueifa. Podedes vela neste vídeo: 



📗 Contos de Nadal
O alumnado de 1º ESO gravou polo Nadal dous episodios especiais do seu podcast Contos Revoltos. Non vos perdades os seus relatos, queridos contistas!!






📚 Máis contos
E se quedades con ganas de máis historias de Nadal, na biblio temos unha exposición de libros moi axeitados para estas datas. 



🎄 Decoración da biblio
Súper Pepiña vestiuse para celebrar o Nadal e o voluntariado construíu unha súper árbore de libros na entrada da biblio. 



BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

mércores, 20 de decembro de 2023

Xa é Nadal na biblio!

O Nadal xa chegou á Biblioteca das Revoltas! 🎄🎅 Súper Pepiña puxo o traxe de luces e convidou o seu amigo Crebanoces para celebrar xuntos as festas. 

Van chegar as vacacións e Súper Pepiña está feliz
Un novo habitante da biblio - Grazas a Pablo por traelo!

Súper Pepiña e o Crebanoces fixeron unha selección de libros para desfrutar do Nadal. Podedes atopalos na entrada da biblio. 



Cantos de Reis do alumnado de Infantil
Ao longo da mañá do martes, 19 de decembro, o alumnado de 5º de Infantil agasallounos cantando os Reis polas clases de Primaria e Secundaria. Que ben o fixeron e que ben o pasamos todos escoitándoos! 💖

Merenda de Nadal do Club de Lectura
No primeiro recreo do mércores, 20 de decembro, tivemos a última xuntanza deste ano da Revolta das Letras, o club de lectura de secundaria. Fixemos unha pequena festiña de despedida e o alumnado recibiu un pequeno agasallo. A Revolta continúa no 2024. 

mércores, 21 de decembro de 2022

O Nadal nas Revoltas

Ao longo das últimas semanas, o Nadal foi entrando en cada recunchiño do noso cole. Nesta entrada recollemos algún dos traballos realizados arredor destas datas e tamén presentamos un vídeo resumo do día 22 de decembro, cando tivemos a sorte de recibir aos Reis Magos no cole.




🎄 Árbore de Nadal con materiais reciclados 


🎅 Decoración de Nadal 



🎄 
Tarxetas de Nadal do alumnado de Infantil



🎅 Personaxes do Nadal - Traballos do alumnado de 2º ESO










venres, 16 de decembro de 2022

Contos de Nadal

O Nadal está a chegar e nas Revoltas xa se nota a alegría destas festas. Estas semanas, o alumnado de secundaria e de 4º, 5º e 6º de primaria están visitando as clases dos máis pequeniños/as do cole para lerlles contos de Nadal 🎄🎅


 

 

🎄Na biblio podedes atopar unha selección de contos de Nadal, para desfrutar destas festas coa compañía dos libros: 




🎄Os Reis Magos vixían a porta da biblio... Portádevos ben! 😊