O pasado martes, 25 de novembro, conmemorouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada para denunciar a violencia que se segue a exercer en todo o mundo contra nenas, mozas e mulleres. Contámosvos aquí algunhas das actividades que realizamos no centro durante esta xornada.
Bolboretas polo 25N
Nesta data lembramos máis ca nunca o noso dereito a voarmos sempre libres.
Así, todo o alumnado e profesorado do colexio recibiu neste día unha bolboreta violeta realizada en Polos Creativos coa impresora 3D.
As Bolboretas da Liberdade O alumnado de 4º de Primaria realizou neste día un programa especial para Ondas Revoltas. Nel cóntannos a historia das irmás Mirabal, as Bolboretas da Liberdade. Podedes escoitalo neste enlace:
O alumnado de 3º ESO visitou as aulas de infantil para lerlles contos con mensaxes positivas a prol da igualdade de xénero, a tolerancia e o respecto. Os títulos escollidos foron: Orellas de bolboreta, O libro dos porcos e Arturo e Clementina.
O pasado 25 de novembro lembramos as irmás Mirabal, coñecidas como "Las Mariposas" e cuxa historia deu orixe á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Todo o alumnado do colexio deseñou cadansúa bolboreta de madeira, feitas na cortadora láser do centro. Cada bolboreta leva consigo unha mensaxe positiva de apoio cara todas as mulleres.
Premendo na imaxe podedes acceder a un vídeo resumo desta actividade:
Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha xornada para denunciar a violencia que se segue a exercer en todo o mundo contra nenas, mozas e mulleres.
Xa non calaremos máis
Un grupo de alumnas de 2º ESO preparou un baile partindo da canción Lisístrata, das Fillas de Cassandra, cunha letra que se rebela contra a violencia machista. Coma elas, hoxe dicimos ben alto: Xa non calaremos máis!
A orixe do 25N
Coñecedes a orixe do 25 de novembro? Podedes informarvos no programa que gravou o alumnado de 3º de Primaria para Ondas Revoltas. Escóitao premendo da imaxe.
Bolboretas polo 25N
Ao longo destes días, en todos os cursos do colexio estamos a deseñar bolboretas de madeira con mensaxes contra a violencia de xénero. Estas bolboretas lembran as irmás Mirabal, Las Mariposas. Moi pronto ensinarémosvos o resultado deste proxecto.
E co
ritmo da regueifa, xuntas
imos protestar, as
mulleres xa non choran, preferimos
regueifar!
Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional da
Eliminación da Violencia contra a Muller, unha xornada para denunciar a
violencia que se segue a exercer en todo o mundo contra nenas, mozas e mulleres
e tamén para reclamar medidas para erradicala.
Por este motivo, nas últimas semanas no CPI As Revoltas
estivemos regueifando pola igualdade. Desde 4º de Infantil ata 4º ESO, todos os
cursos crearon e cantaron coplas protestando contra a violencia e reclamando a
igualdade. Porque no CPI As Revoltas non
nos gustan as pelexas, escoitamos, respectamos, axudamos a quen veña;
tentaremos construír un mundo con igualdade para ledos nel vivir; loitamos pola
igualdade, respecto mais tolerancia e un futuro en liberdade...
O luns, ás 12:00 xuntarémonos todo o colexio para cantar pola
igualdade. Mentres tanto, podedes ver as nosas regueifas nos seguintes vídeos:
Na última semana, a biblio converteuse durante os recreos nun auténtico fiadeiro.
O voluntariado de secundaria (coa colaboración do alumnado de 3º ESO na materia de Valores) teceu máis de cen pulseiras pola igualdade.
Estas pulseiras serán repartidas a vindeira semana entre o alumnado de primaria, para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Para conmemorar este día, no CPI As Revoltas e en relación ao Proxecto Documental Integrado do Centro, "Os Océanos", decoramos os nosos corredores con seis faros galegos. A Torre de Hércules, o Faro do Roncudo, o Faro de Punta Nariga, o Faro do Cabo Fisterra, o Faro do Cabo Touriñán e o Faro do Cabo Vilán iluminan palabras positivas e xunto aos mesmos, seis redes atrapan as palabras negativas.
Ademais, todas e todos xuntas e xuntos cantamos unha canción "Mar de Fondo", donde queremos expresar que sempre estaremos preparadas/os para axudar a esa amiga que o precise.