O alumnado de secundaria festexou o Día do Libro creando knollings literarios cos seus libros preferidos da literatura galega.
Podedes ver o magnífico resultado neste vídeo:
O alumnado de secundaria festexou o Día do Libro creando knollings literarios cos seus libros preferidos da literatura galega.
Podedes ver o magnífico resultado neste vídeo:
Poñémoslle o ramo ao mes do libro cunha misteriosa obra que apareceu na clase de 3º ESO. Trátase dun cancioneiro manuscrito que recolle cantigas medievais de todos os xéneros.
O enigmático libro está asinado por trobadores de gran renome coma o Emperador Barcia da Veiga, Don Recarey o rei, Capitán Blanco de Penedo, Maruja do Esto, Manolo da Riloa, Yara de Lisa, Bryan o Biólogo, Romeroski_, Penedo, Yeray do Chosco, Bruno do Monte Blanco, María A de Nantón, Loureiro de Neaño, Mariño do Mar, Martín Códax, Joël do París ou o famoso Sabio de Beres.
O cancioneiro orixinal está ben gardado na biblioteca, pero podedes acceder a unha copia e ler as cantigas premendo na imaxe.
O noso alumnado de Infantil e Primaria celebrou o Día do Libro dun xeito moi especial: creando o seu propio libro. Trátase dunha obra colectiva, na que participaron todos os cursos escribindo e debuxando unha parte da historia. O resultado é o fantástico conto ilustrado que podedes ver e escoitar no vídeo.
Non vos perdades esta gran aventura de Roque, Carmiña e Xan Pericán! 💗