Amosando publicacións coa etiqueta Correlingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Correlingua. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2026

Co galego no corazón facemos revolución

O alumnado de 3º e 4º de ESO participou, un ano máis, no Correlingua. 

O pasado 6 de maio desprazámonos á Coruña para reivindicar con orgullo e alegría o emprego do idioma galego. Percorremos a cidade, desde Riazor á Torre de Hércules, berrando ben forte o lema desta edición: "Co galego no corazón, facemos revolución". 


No seguinte enlace podedes ler a noticia sobre esta actividade. Ao final de todo aparecemos nós!! :)



mércores, 14 de maio de 2025

Correlingua 2025

O pasado martes, 6 de maio, o alumnado de 3º e 4º de ESO desprazouse á Coruña para participar no Correlingua

Alí, con rapazada doutros colexios e institutos, percorremos a cidade desde Riazor ata a Torre de Hércules, reivindicando con moita alegría e orgullo o emprego da nosa lingua. 

"A mocidade de Cabana activa por unha lingua viva" 💙


xoves, 24 de outubro de 2024

Desata a lingua!

Esta mañá, o alumnado de 2º ESO participou nun obradoiro de escrita creativa impartido pola poeta Lucía Aldao. Esta actividade enmárcase dentro das actividades do Correlingua e ten como obxectivos poñer en valor o noso idioma e participar na creación do manifesto do Correlingua 2025. 





xoves, 16 de maio de 2024

Dende aquí ata acolá, galego xa!

O pasado venres, 10 de maio, o alumnado de 3º e 4º de ESO desprazouse á Coruña para participar no Correlingua

Alí, con rapazada doutros colexios e institutos, percorremos a cidade desde Riazor ata a Torre de Hércules, reivindicando con moita alegría e orgullo o emprego da nosa lingua. 

Berramos ben forte o lema desta edición do Correlingua: "Dende aquí ata acolá, galego xa!" e, por suposto, tamén cantamos o retrouso da nosa canción deste ano: "Quero o galego, quero este idioma, que o falen tod@s é o que máis mola!" 💙