O
pasado 20 de novembro celebramos o Día da Infancia, unha xornada para dar a
coñecer os dereitos dos nenos e das nenas e para concienciar as persoas adultas
da importancia de traballar cada día polo seu benestar e desenvolvemento. Escolleuse
este día porque o 20 de novembro foi a data na que a ONU aprobou a Declaración
dos Dereitos do Neno en 1959.
E ti, coñeces os dereitos básicos da infancia? O alumnado de 3º de Primaria, coa axuda de Mafalda, explícannolos perfectamente no podcast que podedes escoitar premendo na imaxe.
Os dereitos da infancia explicados polo alumnado de 3º EP |
Tamén podedes ler os seus traballos e reflexións sobre os dereitos da infancia premendo nestoutra imaxe. Quedámonos co desexo que manifesta un dos autores do traballo: "Todos os nenos do mundo temos que ser felices!!" 💖
Ningún comentario:
Publicar un comentario