O grupo Instalacións Eléctricas, formado polos alumnos Manuel, Bryan e Adrián de 3º ESO, fíxose co primeiro premio do XXII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, organizado pola AC Telón e Aparte, no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. O grupo presentouse ao certame cunha adaptación dun conto de Sechu Sende incluído na obra Made in Galiza.
Instalacións Eléctricas na Cadena Ser - Radio Nordés |
O grupo recolleu o seu galardón nunha gala celebrada o 12 de novembro no Pazo da Cultura de Carballo.
Ademais de Instalacións Eléctricas, participaron nesta edición do FIOT outros tres grupos do CPI As Revoltas. Abaixo tedes o enlace ás fantásticas propostas que enviaron ao concurso. Moitos parabéns aos campións e tamén a todos os grupos participantes polo seu magnífico traballo! 😊
👉 As Revoltas Teatreiras - 4º de Primaria
👉 As rapazas bravas de Nantón - 3º ESO
👉 Os Viquingos do Pendón - 3º ESO
👉 Instalacións Eléctricas - 3º ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario