Para conmemorar este día recibimos a visita de Inés e María, dúas mariscadoras do Río Anllóns, que nos viñeron contar como é o seu traballo, as condicións, os utensilios que usan, cantos kg de berberechos poden coller ao día, etc.
Ao día seguinte, o alumnado de infantil e primaria, visitou a depuradora, onde Inés nos explicou todo o proceso que pasa o berberecho para poder ser vendido.
No club de lectura A Revolta das Letras celebramos o 8 de marzo lendo e reflexionando sobre o significado e a importancia deste día. Nunha asamblea aberta a todo o alumnado que quixese participar fixemos unha lectura conxunta de textos feministas de grandes autoras, coma Rosalía de Castro, que xa no século XIX berrou "Eu son libre!" ou Xohana Torres, que nos agasallou o potente verso "Eu tamén navegar". Compartimos as nosas lecturas no seguinte enlace:
EU TAMÉN NAVEGAR - POEMAS PARA CELEBRARMOS O 8 DE MARZO
Ningún comentario:
Publicar un comentario