Que alegría nos dá facer esta entrada no noso blog!!!!
Todo comezou no mes de maio do 2022, no cal se celebrou a I Romaría das Letras no CPI As Revoltas, coincidindo ademais coa celebración do 50 aniversario do noso centro.
Para esta celebración, entre outras actividades, gravamos unha canción, que sen pretendelo, se convertiu no himno do noso centro. Esta canción é Son de Cabana, unha versión da marabillosa canción de Xabier Díaz, O salón das cereixas.
Con este motivo no curso pasado contactamos con Xabier para falar da posibilidade de concertar un encontro con el no noso centro, e por fin, despois de case un ano, este soño está a punto de cumprirse. O día 13 de abril Xabier visitaranos e xuntos cantaremos algunha das súas magníficas cancións.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes escoitalas e practicalas e tamén atoparedes a letra desas cancións. Animádevos a practicar aínda que só sexa o retrouso e o día 13 teremos unha xornada que nunca olvidaremos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario