O galego é unha lingua que serve para todo: para conversar entre nós, para xogar, para ler e escribir incribles historias... e tamén, por suposto, para facer ciencia e divulgala. Así, ao longo de novembro celebramos nas bibliotecas o Mes da Ciencia en Galego e no CPI As Revoltas quixemos festexalo da mellor maneira: facendo ciencia na nosa lingua.
En colaboración co Club de Ciencias, na última semana deste mes realizamos varios Experimentos na Biblio. O alumnado do Club de Ciencias ensinounos como facer sangue artificial ou como crear unha lámpada de lava; descubriunos o que era a masa non newtoniana; ensinounos a recoñecer as pegadas do xabaril e do raposo... E ata fixeron explotar un volcán na biblio!
Podedes ver nas fotos o ben que o pasamos e canto aprendemos!
|
Gael ensínanos a facer sangue artificial |
|
Obradoiro de pegadas con Breixo |
|
Aprendemos con Nerea o que é a masa non newtoniana |
|
Facemos un volcán artificial con Laura e Carmiña |
|
Facemos unha lámpada de lava con Nico, Manu e Paula |
Ningún comentario:
Publicar un comentario