O pasado xoves, 19 de outubro, inauguramos un novo curso de A Revolta das Letras, o club de lectura de secundaria, do que forman parte arredor de corenta participantes de todos os grupos da ESO.
Neste primeiro encontro falamos sobre o funcionamento do club (grupos, reunións, etc.) e coñecemos as primeiras lecturas conxuntas que realizaremos este ano: Mentira e Verdade, de Care Santos e Senlleiras, de Antía Yáñez.
Aí queda para o recordo unha fotiño deste feliz recreo. A revolta lectora está en marcha!
Inauguración do Club de Lectura - Súper Pepiña non podía faltar :) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario