venres, 14 de abril de 2023

Reto Bookface

Actualización: 

Publicamos as fotografías gañadoras no reto do bookface. Moitííísimas grazas pola vosa participación.

    


    


Para celebrar o Día do Libro, Súper Pepiña lánzavos un reto: facer un bookface. Anímate e funde o teu corpo cun libro! Haberá premios para os máis orixinais. 




Participantes

Pode participar todo o alumnado do centro (Infantil, Primaria e Secundaria) e demais membros do centro (profesorado, persoal non docente).

Os tres mellores bookface do alumnado serán obsequiados cun agasallo.

Todos os bookface serán expostos no blog de Super Pepiña e na páxina web do centro.


Participación

Cada participante pode presentar un bookface, realizado sobre a cuberta dun libro publicado nalgunha das linguas impartidas no centro (galego, castelán, inglés ou francés).

Os formatos aceptados son: JPG, JPEG e PNG.

Cada participante deberá enviar dous ficheiros adxuntos: 

  • Un coa foto bookface presentada a concurso.
  • Outro ficheiro adxunto no que se recoñeza ao modelo xunto coa portada do libro (making of).


Como facer unha foto bookface

Facer coincidir a cara ou outra parte do corpo coa imaxe que aparece na cuberta do libro.

Acercar ou afastar o libro para encaixalo coa cara do/da modelo ou a parte do corpo necesaria.


Prazo de presentación

Durante o mes de abril (ata o  día 30)

Cada participante deberá enviar as súas fotos ao correo de Super Pepiña: ocorreodesuperpepinha@gmail.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario