O vindeiro sábado,
11 de febreiro, celébrase o Día
Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, co obxectivo principal de
visibilizar o papel da muller no eido científico.
Como neste curso o PDI do noso cole son os océanos, centramos a nosa atención en diferentes científicas que dedicaron as súas vidas ao estudo dos océanos, desde Jeanne Baret ata Cindy Lee Van Dover, pasando por Ángeles Alvariño ou Mary Sears. Podedes saber máis sobre as contribucións de todas elas na exposición da entrada da biblio ou premendo na seguinte imaxe:
De todas estas científicas, destacamos os traballos da galega Ángeles Alvariño. Queredes saber que fixo esta importante científica? Súper Pepiña cóntacho no seguinte vídeo:
Ao igual ca Súper Pepiña, o alumnado de 4º de primaria tamén fixo as súas investigacións e debuxos sobre Ángeles Alvariño. Podes lelas premendo aquí.
Celebra este día con nós collendo algún dos libros que seleccionamos para conmemorar esta data e realizando os pasatempos que atoparás na entrada da
biblioteca. Entrégaos feitos na biblio e recibirás un pequeno regaliño! 🎁
Ningún comentario:
Publicar un comentario