Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha data para promover valores tan importantes coma a tolerancia, o entendemento e o respecto. No cole celebrámolo con música, cantando "No niño novo do vento", unha canción ben axeitada para un día coma hoxe. Podedes escoitala neste vídeo, no que tamén se recollen algúns dos traballos realizados nas diferentes clases para conmemorar este día.
O alumnado de 3º de Primaria realizou un interesante traballo sobre a paz ambiental, centrándose principalmente na contaminación dos océanos. Podedes escoitar o seu podcast e ler as súas investigacións premendo nas imaxes de abaixo.
O alumnado de 4º de Primaria tamén traballou estes días sobre a importancia da educación e da paz, vinculando dúas conmemoracións estreitamente ligadas: o Día da Educación e o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Non vos perdades o programa de radio que gravaron, podedes escoitalo neste vídeo:
Por último, se queredes ler máis sobre estes temas tan importantes, na biblio podes atopar un montón de libros e películas que tratan estes valores. Incluimos tamén unha magnífica reseña de Sofía de 1º da ESO sobre o libro "El niño con el pijama de rayas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario