venres, 11 de outubro de 2024
Volve a Revolta das Letras
Día Europeo das Linguas e Día dos Animais
O pasado 26 de setembro foi o Día Europeo das Linguas e, coincidindo con esta celebración, o alumnado de 1º ESO estivo a investigar sobre a diversidade lingüística e achegouse ás moitísimas linguas que se falan en Europa.
E vós, queredes saber como se di "Ola" en eslovaco ou en finés? E como se di "Quérote" en grego ou en búlgaro? Pois non tedes máis que ver na biblio os murais que realizou o alumnado:
Por outra banda, coincidindo que o pasado 4 de outubro foi o Día Mundial dos Animais, temos na biblio unha exposición moooi animal!!
mércores, 18 de setembro de 2024
UNHA REVOLTA AO PASADO
Presentamos un dos traballos máis relevantes do PDI do curso pasado: o documental UNHA REVOLTA AO PASADO, elaborado polo alumnado do CPI As Revoltas.
Nun mundo cada vez máis acelerado e dixital, a miúdo esquecemos as historias que foron dando forma ás nosas vidas e ás nosas familias. UNHA REVOLTA AO PASADO é unha ponte entre xeracións, unha viaxe emotiva que nos levará a través do tempo para redescubrir as raíces que nos sosteñen. Aquí, netos e netas sentan cos seus avós e avoas para escoitar e documentar relatos dun pasado que, aínda que distante, segue vivo na memoria dos que o viviron.
Club de lectura
luns, 1 de xullo de 2024
Ata setembro!
xoves, 27 de xuño de 2024
As recomendacións de Súper Pepiña
![]() |
INFANTIL |
venres, 21 de xuño de 2024
Falemos Máis Galego
O 20 de xuño, o alumnado dos dous grupos de 1º ESO desprazouse a Cee para asistir á gala de Falemos Máis Galego, unha iniciativa impulsada este curso desde o IES Agra de Raíces (Cee) co obxectivo de potenciar o valor da lingua galega na Costa da Morte.
Previamente, o alumnado de 1º ESO enviara a súa candidatura para participar no concurso ligado a esta iniciativa: un vídeo e un logo co lema: Quero o galego, quero este idioma, que o falen todos é o que máis mola.