xoves, 27 de xuño de 2024

As recomendacións de Súper Pepiña

Súper Pepiña vaivos botar moito de menos durante as vacacións!! Coa axuda das profes de Infantil e 2º Ciclo, preparouvos unhas recomendacións de lecturas para o verán. Agardamos que as desfrutedes! 

INFANTIL

venres, 21 de xuño de 2024

Falemos Máis Galego

O 20 de xuño, o alumnado dos dous grupos de 1º ESO desprazouse a Cee para asistir á gala de Falemos Máis Galego, unha iniciativa impulsada este curso desde o IES Agra de Raíces (Cee) co obxectivo de potenciar o valor da lingua galega na Costa da Morte. 

Previamente, o alumnado de 1º ESO enviara a súa candidatura para participar no concurso ligado a esta iniciativa: un vídeo e un logo co lema: Quero o galego, quero este idioma, que o falen todos é o que máis mola.