O blog de Súper Pepiña
Blog do EDLG e da Biblioteca do CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños)
mércores, 4 de febreiro de 2026
Personaxes míticos do Entroido
luns, 2 de febreiro de 2026
Día da Candeloria
Hoxe, 2 de febreiro, celébrase a Candeloria, un día que marca o fin do inverno máis escuro e anuncia a chegada da primavera. Tal como di o refrán, "Se a Candeloria chora, medio inverno vai fóra".
Ademais, a Candeloria tamén é unha festa vencellada co amor e o agarimo, pois é cando os paxariños comezan a xuntarse. Hai outros refráns que din: "Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola" ou Pola Candeloria, ningunha ave voa soa".
No colexio celebramos este día con bonitas mensaxes cariñosas para as nosas persoas máis queridas. Así de fermosa quedou a nosa parede do agarimo.
venres, 30 de xaneiro de 2026
Día da Paz
O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e no CPI As Revoltas celebrámolo plantando un bosque de sorrisos.
Cada curso encheu unha árbore de sorrisos contra a violencia, as guerras, a desigualdade, as inxustizas... Podedes ver o fermoso resultado no primeiro andar do colexio.
Para recoller este traballo, elaboramos un vídeo no que se poden ver diferentes momentos do proceso de creación do bosque. O vídeo está acompañado dun audio que foi gravado polo alumnado de 3º de Educación Primaria.
xoves, 29 de xaneiro de 2026
Regueifando en Camariñas
sábado, 24 de xaneiro de 2026
Día da Educación
O 24 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Educación, un dereito fundamental de todas as persoas. Para conmemoralo, o alumnado de 4º de Primaria gravou un novo programa para Ondas Revoltas, centrado na figura da pedagoga Maria Montessori.
Non perdades o seu programa "María Montessori, unha educadora diferente". Podedes escoitalo premendo na foto.
![]() |
| O alumnado de 4º de Primaria gravando "Maria Montessori, unha educadora diferente" |
xoves, 15 de xaneiro de 2026
Club de lectura de 3º de Primaria
Hoxe botou a andar o club de lectura de 3º de Primaria, que se reunirá as tardes do xoves na biblioteca do colexio.
Os obxectivos están claros: mellorar o hábito lector, descubrir novos libros e autores/as e sobre todo... pasalo ben!! 😉
luns, 12 de xaneiro de 2026
Visita de Ángel Carracedo
Hoxe foi un gran día para o CPI As Revoltas, pois recibimos a visita do Doutor Ángel Carracedo. Foi marabilloso poder telo tan preto e poder escoitalo.
A súa visita comezou na biblioteca, onde o alumnado de secundaria lle fixo unha entrevista. A continuación, foron ao laboratorio a facer uns experimentos. Acto seguido, bautizamos o noso laboratorio co nome de Ángel Carracedo.
Finalmente, baixamos ao salón de acto, onde todo o alumnado e profesorado do centro o agardaba cunha gran sorpresa.
A continuación podedes ver un vídeo con algúns momentos da súa visita, así como o vídeo que fixemos para o seu recibimento, onde versionamos unha das súas cancións preferidas, La vida es bella.
Tamén vos deixamos o enlace ás noticias que saíron na prensa sobre este gran día:
📰 Nenos cabaneses emocionaron a Ángel Carracedo
📰 Repasa, nestas imaxes, a emocionante visita de Ángel Carracedo a Cabana.
Resumo da visita de Ángel Carracedo:
.png)




