mércores, 18 de setembro de 2024

UNHA REVOLTA AO PASADO

Presentamos un dos traballos máis relevantes do PDI do curso pasado: o documental UNHA REVOLTA AO PASADO, elaborado polo alumnado do CPI As Revoltas. 

Nun mundo cada vez máis acelerado e dixital, a miúdo esquecemos as historias que foron dando forma ás nosas vidas e ás nosas familias. UNHA REVOLTA AO PASADO é unha ponte entre xeracións, unha viaxe emotiva que nos levará a través do tempo para redescubrir as raíces que nos sosteñen. Aquí, netos e netas sentan cos seus avós e avoas para escoitar e documentar relatos dun pasado que, aínda que distante, segue vivo na memoria dos que o viviron.




Club de lectura

Gústache ler? Queres vivir emocionantes aventuras lectoras? Únete ao club de lectura de secundaria! Leremos un libro cada trimestre e reunirémonos un recreo á semana. Infórmate e apúntate na biblioteca antes do 23 de setembro.